O luns 7 de xuño, celebrarase, ás 17 h, na Sala Biodiversidade do Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela, a presentación do libro Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros, pertencente á colección Feminismos de Editorial Galaxia, de Xoana Pintos.
Acompañando a autora, asistirán María Jesús Lorenzana Somoza, conselleira de Emprego e Igualdade, Vicente Pérez Muñuzuri, vicereitor de Investigación e Innovación da USC, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
O acto retransmitirase en ‘streaming’ a través da seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v=3z5lWkoGxhA
Xoana Pintos achega unha ollada ó labor das primeiras científicas na Universidade de Santiago de Compostela, pioneiras que loitaron, con moito esforzo, pola igualdade de dereitos. O resultado do seu traballo é a nosa realidade actual. Sería impensable cuestionar o dereito das mulleres á educación, a ter unha carreira universitaria… pero o certo é que non sempre foi así. Houbo que loitar moito contra a discriminación xa que, polo simple feito de nacer muller, a vida xa estaba limitada e dirixida a moi poucas opcións posibles. Xoana Pintos, recorre, en Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros, ese camiño que amosa a entrada das mulleres na universidade, un feito que cambiou a vida de todas as que viñeron detrás.
A autora céntrase no eido das mulleres científicas, no seu traballo cheo de dificultades, e, porén, de éxitos innegables, froito da súa valentía férrea.