Arantza Portabales gaña o Premio Novela Europea na categoría de novela galega

Foi galardoada coa súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal. Arantza Portabales foi galardoada onte, no Día das Letras Galegas, co Premio Novela Europa ‘Casino de Santiago’ na modalidade de novela galega. Un prestixioso recoñecemento á traxectoria da escritora. Trátase dun certame no que se ten en conta o voto dos lectores, e […]

Conmemoramos a Xela Arias, a poeta ceibe, no Día das Letras 2021

É a quinta muller elixida dende que en 1963 se instaurou o Día das Letras Galegas e un referente en canto a liberdade. Este 17 de maio celebramos a figura de Xela Arias, unha poeta – tamén editora, tradutora e mestra de galego, a súa grande vocación nos últimos anos – que soubo buscar un […]

Convócase o XIII Premio de poesía Victoriano Taibo

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar e a Editorial Galaxia, convoca o XIII Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 4000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo. O prestixioso galardón rexerase polas seguintes BASES: 1.    Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán […]

Presentación de “Non te amola!”, en Moaña

O xoves 13 de maio, ás 19:30 h, celebrarase, no salón de plenos do Concello de Moaña, a presentación do libro inédito de Xela Arias , Non te amola!, ilustrado por Luz Beloso. No acto, participarán a ilustradora do libro, a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz, Aldán Santamarina, concelleiro de normalización lingüística, e Francisco Castro, […]

“A reflexión”, de Rosalía Fernández Rial foi elixido mellor poema no aRi[t]mar

A reflexión, publicado no libro Árbores no deserto (Galaxia, 2020), da artista multidisciplinar Rosalía Fernández Rial, foi escollido o mellor poema de Galicia e Portugal do ano 2020, no prestixioso festival aRi[t]mar. Este ano celebrouse a sexta edición do certame, que tivo récord de participación, pois superou os 10.000 votos para poemas e cancións, as dúas […]

Presentación da biografía e obra de Manuel García Barros, na Estrada

O martes 11 de maio, celebrarase, ás 20:30 h, no Teatro Principal da Estrada, a presentación dos libros Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento, de Carlos Loureiro Rodríguez, e Contiños da terra, de Manuel García Barros. Acompañando o autor, asistirán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, José López Campos, alcalde do Concello […]

Helena Villar Janeiro será homenaxeada no Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2021

A emblemática escritora Helena Villar Janeiro, autora habitual en Galaxia, será protagonista mañá dunha homenaxe nesta XXII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra xunto ao ilustrador Kiko Da Silva. Ambos os dous repiten este ano, ao non poderen recibila o ano pasado por mor da pandemia. O acto, que estará organizado […]