No pasamento de Arcadio López-Casanova

Hoxe recibimos a noticia do pasamento de Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), aos 79 anos de idade, en Valencia. Poeta, profesor e académico, el foi unha figura poliédrica que deixa tras de si unha importante obra literaria e como investigador. Considerado como un dos grandes poetas galegos contemporáneos, pertence á xeración de escritores coñecida como os ‘Novísimos […]
Presentación de “Un mundo sen luz”, en Vigo

O martes 12 de abril, ás 20 h, celebrarase, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Un mundo sen luz, de Kike Gómez, ilustrado por Antonio Seijas. Acompañando o autor e o ilustrador, estará Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia. Un mundo sen luz é un álbum ilustrado que […]
10 títulos e 2 coleccións da Editorial Galaxia son finalistas nos Follas Novas

Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa primeira fase de selección escollendo 10 títulos e dúas coleccións da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Na categoría de Ensaio e investigación, resultaron escollidas as obras Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane, que completa o estudo arredor do […]
Galaxia publica “En tempo de desconto”, o novo libro de Xosé Ramón Pena

Esta semana chegará aos nosos almacéns o novo libro de Xosé Ramón Pena, En tempo de desconto. Atopámonos perante un autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país. Este libro de relatos, publicado na colección Literaria, é a confirmación diso, e de que estamos diante dun dos mellores narradores das letras galegas. […]
Galaxia publica a primeira novela de Cristina Pato: “No día do seu enterro”

Esta obra, publicada na colección Literaria de Galaxia, é unha novela sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder sacar adiante unha familia. A raíz da inesperada morte do seu pai, as irmás Raposo comezan […]
Presentación de “O bosque do duque”, en Nigrán

O mércores 6 de abril, celebrarase, ás 19:30 h, na Nova Biblioteca de Nigrán, a presentación de O bosque do duque, de Francisco Fernández Davila. Acompañando o autor, estarán Juan A. González, alcalde de Nigrán, e Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia. Fran Fernández Davila retorna cunha novela de aventuras e fantasía ambientada na […]
A Editorial Galaxia inicia a súa colección de Ficción Científica

A soidade selénica, de Juan Parcero, é a obra encargada de inaugurar esta nova colección de Editorial Galaxia. Con esta proposta, a editorial apoia a publicación dun tipo de historias que sitúan a acción nun espacio e nun tempo imaxinarios, que versan sobre o impacto social que poden producir os avances científicos, tecnolóxicos, ou culturais. […]
Celebramos o Día da LIX recuperando o texto orixinal de “Bambi”

Mañá, día 2 de abril, celebrarase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e dende a Editorial Galaxia celebrámolo recuperando o texto orinal de Bambi, de Félix Salten. Son moitos os libros que acompañan á cativada na súa formación e, tamén, no período de descuberta do mundo. As lecturas inflúen na súa imaxinación, poténciana e […]