Mañá, xoves 19 de maio, celebrarase, ás 15 h, na Aula 209 da Facultat de Filosofia i Lletres da Universitat Autònoma de Barcelona, unha conferencia titulada “Florencio Delgado Gurriarán: unha vida a través da lingua”. Será impartida por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Este 2022, Galicia rendeulle homenaxe ao autor de Córgomo, dedicándolle a súa efeméride máis especial. Galaxia, contribúe nesta causa incluíndo, nas súas novidades editoriais, os seus tres poemarios: Bebedeira, Galicia infinda, O soño do Guieiro, e a súa Antoloxía poética, en edición de Débora Álvarez Moldes e Margarida Pizcueta Barreiro, de Florencio Delgado Gurriarán. Ao mesmo tempo que os libros Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio. Antoloxía poética, de Xesús Alonso Montero e Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista, de Ricardo Gurriarán, publicado orixinalmente en 1999 e agora recuperado por Galaxia.
Obras que completan a aproximación á vida e obra do poeta, xunto con Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo, publicado na colección Lectura Fácil, da autoría de Lucía Gómez Álvarez.
Unha obra con pictogramas para achegar a todas e todos o labor cultural do homenaxeado nas Letras Galegas 2022.
Florencio Delgado Gurriarán, avogado de formación, foi poeta, articulista, pioneiro da tradución poética interlingüística, editor literario e home ponte entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior, capaz de tecer asemade vínculos coa intelectualidade doutras orixes. Foi tamén un extraordinario activista cultural, promotor de iniciativas como o Padroado da Cultura Galega en México (creado en 1953), a revista Vieiros –da que foi director xunto con Carlos Velo e Luís Soto–, a audición radiofónica “Hora de Galicia”, que estivo en antena todos os domingos durante case dúas décadas, e doutras publicacións de carácter político e cultural. Por iso o seu Día das Letras Galegas será tamén unha homenaxe serodia a todo o exilio mexicano, cuantitativamente menor có arxentino pero dunha importancia igualmente capital.