Prólogo de Xesús Alonso Montero
A incipiente carreira poética de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 23-VIII-1903 – Fair Oaks, California, 14-V-1987) viuse truncada pola Guerra Civil e a mutilación das liberdades polas que tanto loitara: “Xoguei, perdín, calei e marchei”. Marchou, pero non calou.
Tras integrarse no exército republicano e facer un importante labor en Francia axudando a resolver o destino de milleiros de galegos exiliados, tamén colleu o camiño do exilio mexicano, onde refixo unha vida non exenta de dificultades e compromiso coas liberdades e coa loita contra a ditadura franquista, á vez que mantivo unha postura coherente e non volveu á súa terra ata que as condicións llo permitiron sen ter que agachar a cabeza.
En Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés republicano e galeguista, Ricardo Gurriarán ofrécenos un minucioso percorrido pola vida e obra do noso poeta, non exenta de calidade literaria e defensa ideolóxica. A síntese da vida dun poeta valdeorrés, moderno e cosmopolita.
Foto do autor: ©Arxina para Nós-Compostela
(O Barco de Valdeorras, 1953), doutor en Historia pola USC (2004), no ámbito historiográfico abordou temáticas variadas: Valdeorras, a Guerra Civil e o exilio literario e científico, entre outras.
Entre as súas obras destacan: Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 (2010), Do “Gaudeamos igitur” ao “Venceremos nós”. As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela (2010), Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal (2014), Fernando Alsina e o seu diario de guerra (2015), Enrique Peinador Lines e Mondariz: Empresa, turismo e país (2016).
Entre os premios que recibiu salientan o Tertuliano Hervella, do Instituto de Estudos Valdeorreses (2003), polo traballo Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975); o da Crítica de Galicia en 2007, na categoría de Investigación, por Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), e o Lois Peña Novo (2015). En 2010 foi nomeado profesor ad honorem pola USC.