(O Barco de Valdeorras, 1953), doutor en Historia pola USC (2004), no ámbito historiográfico abordou temáticas variadas: Valdeorras, a Guerra Civil e o exilio literario e científico, entre outras.
Entre as súas obras destacan: Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 (2010), Do “Gaudeamos igitur” ao “Venceremos nós”. As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela (2010), Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal (2014), Fernando Alsina e o seu diario de guerra (2015), Enrique Peinador Lines e Mondariz: Empresa, turismo e país (2016).
Entre os premios que recibiu salientan o Tertuliano Hervella, do Instituto de Estudos Valdeorreses (2003), polo traballo Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975); o da Crítica de Galicia en 2007, na categoría de Investigación, por Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), e o Lois Peña Novo (2015). En 2010 foi nomeado profesor ad honorem pola USC.