Ricardo Gurriarán (O Barco de Valdeorras, 1953), doutor en Historia pola USC (2004), no ámbito historiográfico abordou temáticas variadas: Valdeorras, a Guerra Civil e o exilio literario e científico, entre outras. Entre as súas obras destacan: Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 (2010), Do “Gaudeamos igitur” ao “Venceremos nós”. As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela (2010), Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal (2014), Fernando Alsina e o seu diario de guerra (2015), Enrique Peinador Lines e Mondariz: Empresa, turismo e país (2016). Entre os premios que recibiu salientan o Tertuliano Hervella, do Instituto de Estudos Valdeorreses (2003), polo traballo Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975); o da Crítica de Galicia en 2007, na categoría de Investigación, por Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), e o Lois Peña Novo (2015). En 2010 foi nomeado profesor ad honorem pola USC.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista
Prólogo de Xesús Alonso Montero25,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR