No día de hoxe, recibimos a tristísima nova do pasamento do noso amigo e autor Domingo Villar. A Editorial Galaxia está consternada, rota de dor, diante deste feito inxusto e terrible. A morte sempre é dura de aceptar, pero cando falamos dalguén tan novo, tan cheo de vida e alegría como foi Domingo VIllar, daquela vólvese algo inaturable. Dende a Editorial Galaxia sumámonos á dor da súa familia, de Bea e dos seus tres fillos, así como dos milleiros de lectoras e lectores que Domingo Villar tiña espallados por todo o mundo. Na nosa lembranza queda para sempre o recordo eterno dun home bo, agarimoso, atento, sempre fiel a esta editorial e a quen queriamos coma un irmán. Descansa en paz, Domingo querido. Non imos esquecerte nunca.