Continúan chegando as mostras de condolencia polo pasamento de Domingo Villar

Categoría: Destacado, Nova

A través das redes sociais da Editorial Galaxia estamos compartindo todos os comentarios que están chegando da prensa galega e estatal. A túa partida, Domingo, deixou a todo o mundo da cultura e as Letras totalmente destrozado.
É unha inxustiza que unha persoa tan boa e xenerosa teña que deixarnos tan cedo, e así o sentimos todas e todos os que tivemos a sorte de coñecerte, desfrutar das túas historias, e descubrir a túa maxia.
Hai persoas que chegan ao mundo para deixalo un chisco mellor do que o atoparon, e Domingo Villar é unha delas. Un grandísimo escritor que, ademais de posuír un talento único, destacaba aínda máis pola súa gran calidade humana. Sempre amable, atento, escoitando de maneira sincera aos demais, cun sorriso.
A túa perda é irreparable, pero o teu legado permanecerá para sempre nas túas historias e na nosa memoria. Sempre con nós.
Fotografía: ©Pablo Vázquez

Comparte nas túas redes sociais ou por email