Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, California, 1987). Avogado, en 1933 ingresou no Partido Galeguista. Co golpe de Estado de 1936 marchou do Barco e entrou no exercito republicano. Desde Francia colaborou na expatriación dos republicanos exiliados ao tempo que asumía a Secretaría de Propaganda da executiva do Partido Galeguista. En 1939 estableceuse en México. No exilio mantivo activo o seu compromiso político, vinculado a Castelao e ao Consello de Galiza, foi representante de Galicia na delegación de Galeusca en México e un dos fundadores do Padroado da Cultura Galega neste país. En 1981, a Real Academia Galega nomeouno académico correspondente. Colaborou en diferentes revistas, especialmente nas americanas Vieiros e Saudade, e publicou os poemarios Bebedeira (1934), Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949, en colaboración con Plácido R. Castro e Lois Tobío), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1986), e coordinou, editou e participou en Cancioneiro da loita galega (publicación do Partido Galeguista, 1943), manual poético de resistencia, denuncia e reivindicación.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Antoloxía poética (Florencio Delgado gurriarán)
Edicións de: Débora Álvarez Moldes e Margarida Pizcueta Barreiro16,00€

mercar
Bebedeira
Edición de Dulce Fernández Graña12,75€

mercar
O soño do guieiro
Edición de Dulce Fernández Graña15,00€

mercar
Galicia infinda
Edición de Dulce Fernández Graña14,00€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR