6 títulos e 1 colección da Editorial Galaxia son finalistas nos Follas Novas

Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa fase final escollendo seis libros e unha colección da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Na categoría de Ensaio e investigación, resultou escollida a obra Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane, que completa o estudo arredor do intelectual rianxeiro. […]

Presentación de “Tes cinco minutos #2”, en Vigo

O 23 de abril, celebrarase, ás 12 h, a presentación de Tes 5 minutos #2, das alumnas e alumnos da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia, na sala Rosalía da Sede de Vigo. Participarán a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Contará coa actuación […]

Presentación de “Curros & Holmes no misterio d’o Kapital”, en Vigo

O venres 22 de abril, celebrarase, ás 20 h, na libraría Librouro de Vigo, a presentación de Curros & Holmes no misterio d’o Kapital, de Marcos Calveiro. Acompañando o autor, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Nesta lectura, o autor, achéganos a unha historia que inaugura toda unha colección de novelas de corte […]

Inauguración de “Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento”, na Estrada

Merlín Comunicación, Grupo Editorial Galaxia, baixo o comisariado de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono, presenta a exposición: Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento, patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Coincidindo en datas coa resolución do II premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado e a Feira do Libro, ademais de conmemorarse neste […]

Presentación de “En tempo de desconto”, no MARCO de Vigo

O mércores 20 de abril, celebrarase, ás 20 h, no MARCO de Vigo, unha conferencia-coloquio, con Xosé Ramón Pena, que leva por título “En tempo de desconto. Relatos sen data para o século XXI”, organizada polo Club Faro. Acompañando o autor, estarán a escritora e tradutora Moncha Fuentes, e Xesús Domínguez Dono, director de produción […]

Rolda de prensa arredor de “Aquí comeza o mar”, en Ourense

O martes 19 de abril, celebrarase, ás 12 h, unha rolda de prensa arredor de Aquí comeza o mar, Premio Blanco Amor 2021, de Blanca Riestra. Acompañando a autora, estarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, Luís González Tosar, escritor e director da Fundación Eduardo Blanco Amor, e Antón Vidal Andión, presidente de […]

Lecturas recomendadas para esta primavera

Esta primavera chega cargada de excelentes lecturas para todas as idades. Na Editorial Galaxia traballamos arreo para ofrecer ás lectoras e lectores obras de primeira calidade. Bo exemplo disto, son os exemplares que enchen os nosos andeis. Libros que, con tanto agarimo, realizamos, coa dedicación e traballo das autoras e autores. Sempre é un bo […]

Galaxia publica as memorias de Rábade Paredes

Este mes chegará aos nosos almacéns o novo libro de Xesús Rábade Paredes, A luz co tempo dentro. Este libro recopila as memorias dun dos autores máis importantes das nosas letras. Publicada na colección Memoria, esta obra pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades que interpelan e que nos mobilizan. A pulsión e revelación […]