O venres 13 de maio, celebrarase, ás 20 h, na Fundación Luís Seoane da Coruña, a presentación de Aquí comeza o mar, Premio Blanco Amor 2021, de Blanca Riestra.
Acompañando a autora, estarán a libreira Mercedes Corbillón, e Xurxo Souto, escritor e músico.
O acto contará coa actuación musical de Xurxo Souto e do grupo Viuda Gómez e hijos.
A autora gañou este prestixioso recoñecemento, que é un dos grandes premios literarios do país, cunha historia que retrata A Coruña, en distintos momentos da trama. Esta novela entronca coas tendencias literarias actuais que se cultivan noutros lugares, a través dun estilo que combina xéneros como a literatura e a autoficción, o xornalismo ou a novela da memoria, sen perder como faro literario a forza da subxectividade.
Noire Compostela é asúa primeira novela publicada en galego.