A Editorial Galaxia publica tres obras de Neira Vilas

As obras, publicadas na colección Lectura Fácil, Memorias dun neno labrego, Espantallo amigo, e, a pertencente á colección Árbore, O cabaliño de buxo, son as creacións que engrosan o catálogo dedicado ao autor de Vila de Cruces. Lucía Gómez Álvarez foi a encargada de adaptar á Lectura Fácil Memorias dun neno labrego, unha das obras máis importantes da literatura galega, […]
O alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo visita a Editorial Galaxia

Hoxe, celebrando o Día Europeo das linguas, recibimos nas instalacións da editorial Galaxia, en Vigo, a visita dun grupo de estudantes e profesoras do Instituto arxentino galego Santiago Apóstol de Bos Aires. Rapazas e rapaces chegados dende o outro lado do océano Atlántico, viñeron á nosa casa para reafirmarse nos valores legados polos devanceiros, que levan […]
María do Cebreiro publica “Maternidades virtuosas”, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022

Os amantes da escrita de María do Cebreiro Rábade Villar están de sorte porque xa está dispoñible en todas as librarías de Galicia o seu novo libro Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021. Nel a autora estuda a idea da maternidade, condicionada por dous factores fundamentais: o […]
Convócase o V Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil

Hoxe celebrouse, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, unha rolda de prensa na que se deu a coñecer a nova edición do Premio Carlos Mosteiro. No acto, participaron Manuel Cartea (A. C. Barbantia), Patricia Lojo, concelleira de Cultura do Concello da Pobra, Lourdes Briones, viuva de Carlos Mosteiro, e Francisco Castro, director xeral […]
Hoxe celebramos o Día do Alzheimer

Hoxe, mércores 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer. Unha data que busca concienciar sobre unha terrible enfermidade, que afecta de maneira directa tanto ás persoas doentes como ás familias e coidadores das mesmas. Esta é a forma máis común de demencia, pois en España representa ata o 70% dos casos. Unha realidade […]
Presentación de “Castelao. Plástica e pensamento. 1903-1916”, en Pontevedra

O mércores 21 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Arquivo da Deputación de Pontevedra, a presentación de Castelao. Plástica e pensamento. 1903-1916, de Xesús Andrés López Piñeiro. Acompañando o autor, estarán María Ortega, Deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, o prologuista do libro, Xosé Manuel Pazo Blanco, e Francisco Castro, director xeral […]
Presentación de “Algoritmos”, en Pontevedra

O martes 20 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Paz de Pontevedra, a presentación de Algoritmos, de Xavier Queipo. Acompañando o autor, estará Olga Nogueira. Queipo volve a sorprender ao público cunha nova novela. Publicada na colección Literaria, Algoritmos é un exercicio de análise, de pensar fóra da norma, de expresar ideas e sentimentos cunhas […]
O luns comeza o Obradoiro Literario, da Escola de Letras, con Anna R. Figueiredo

O luns 19 de setembro, comeza, ás 19:00 h, o Obradoiro Literario con Anna Figueiredo: Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas…, en Pontevedra. Celebrarase os días 19 e 26 de setembro; 3, 10, 17 e 24 de outubro; 7 e 14 de novembro, en horario de 19:00 h a 21:00 h, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da […]