No samaín non todo son contos de medo

Categoría: Nova

Dende a Editorial Galaxia recomendamos a lectura dalgunhas novidades de infarto, no mellor dos sentidos, para celebrar un samaín diferente.
Durante estes días chegarán ás librarías de toda Galicia Un ollo para ler, de Alicia Suárez, e Cambia o conto, de Música miúda, ilustrado por Xosé Tomás.
Suárez preséntanos unha historia fermosa que ensina ás lectoras e lectores o verdadeiro propósito dos ollos. Un é para ler e outro é para imaxinar, soñar e viaxar.
En Un ollo para ler, a nosa protagonista, Noelia, descobre que unha casa con libros é unha fiestra aberta ao extraordinario.
Publicada na colección SonárboreCambia o conto é unha proposta que mestura o máis puro ritmo musical coa poesía visual do ilustrador Xosé Tomás, reinventando personaxes e contos tradicionais, para rachar cos estereotipos de xénero.
Deseñadas e soñadas a toda cor, estas obras están ateigadas de maxia e fantasía.

Comparte nas túas redes sociais ou por email