Kim Puime gaña a VII edición do Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada

Reunido en Pontevedra o 6 de xuño, o xurado da VII edición do Premio «O Garaxe Hermético» de Banda Deseñada, integrado por Kiko da Silva, debuxante e responsable do Garaxe Hermético; Teresa Valero, debuxante; e Marcos Calveiro, director de Edicións Galaxia, acordou por unanimidade conceder o galardón á obra Merlín e familia, adaptación da obra […]

Cinco audiolibros para descubrir a narrativa galega tamén en formato sonoro

O catálogo de audiolibros de Editorial Galaxia segue medrando e xa conta con cinco títulos de narrativa dispoñibles en formato sonoro. Unha maneira diferente de achegarse á literatura galega, escoitando historias que emocionan, sorprenden e acompañan en calquera momento do día. Runrún, de Ana Varela Narración de Bea García e Teresa Santamaría Tras a morte prematura […]

“A noiva cuántica”: o regreso de Cid Cabido

E se o amor fose un servizo máis? Esta é unha das preguntas que atravesan A noiva cuántica, a novela coa que Xosé Cid Cabido regresa á narrativa cunha historia ambientada na cidade de San Francisco e protagonizada por Paul Rothko, un home que traballa como acompañante de persoas solteiras para a axencia Good Friend. […]

Centenario de María do Carme Kruckenberg, en Vigo

O mércores 3 de xuño, celebrarase, ás 19 h, no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura (Fundación Penzol), en Vigo, con motivo do centenario do nacemento de María do Carme Kruckenberg, unha xornada de homenaxe. O acto de lembranza, coordinado por Malós Cabrera e Malores Villanueva, padroeiras da Fundación Penzol, constará de dúas […]

Andrés do Barro, protagonista dunha nova obra que revisita a xénese do pop en galego

Editorial Galaxia anuncia a incorporación ao seu catálogo de Andrés do Barro. A xénese do pop en galego, a nova obra de Fernando Fernández Rego, que chegará ás librarías nas próximas semanas. Neste volume, o autor achéganos á intensa vida de Andrés do Barro, marcada polo éxito e tamén polas dificultades que o acompañaron, ao […]

Presentación de “Catro viaxes de Elena Fahlbusch”, en Vigo

A libraría Librouro acolle hoxe, xoves 28 de maio, ás 19:30 h, a presentación de Catro viaxes de Elena Fahlbusch, de Damián Guede. Acompañando o autor, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Catro viaxes de Elena Fahlbusch mergúllanos nunha rodaxe cinematográfica a través da mirada de Ana, axudante de dirección, que nos […]

Acto de entrega VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025 a Daniel Landesa por “Nenapingüín”, na Pobra do Caramiñal

Hoxe, mércores 27 de maio, celebrouse, no Auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí, na Pobra do Caramiñal, o acto de entrega do VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025 a Daniel Landesa pola súa obra Nenapingüín. No acto, participaron, Patricia Lojo, concelleira de cultura; Encarna Pego, membro do xurado; e Marcos Calveiro, director […]