No pasamento de Martin Amis

Morre aos 73 anos, na súa residencia en Lake Worth, en Florida, o escritor Martin Amis. Nado en Swansea, Sur de Gales, en 1949, é autor de nove novelas, entre elas Money (1984), The Information (1995) e Yellow Dogs (2004). Entre os seus libros salientan tamén a autobiografía Experience (2002) e a crónica Koba the Dread (2002). […]

Un ano sen Domingo Villar

Aínda que pareza incrible, hai un ano que Domingo Villar nos deixou, ficando o mundo das letras un pouco máis orfo dende a súa partida. Na nosa lembranza quedará para sempre o recordo eterno dun home bo e xeneroso, sempre fiel a esta editorial e a quen queriamos coma un irmán. A ninguén lle sorprende […]

Celebramos o legado de James Joyce

O venres 19 de maio, celebrarase, ás 18:30 h, no Vello Cárcere de Lugo, unha conversa que leva por título Ulises entre nós. Un encontro que pon o foco na tradución galega do Ulises, de James Joyce, publicada por Editorial Galaxia. Na mesma, participarán Augusto Paramio, director da Oficina Europa Creativa do Ministerio de Cultura, Blanca […]

Don Paco del Riego e Galaxia: a fundación dun soño

“Pensamos que cumpría facer unha política cultural de concienciación do que debería ser Galicia e a súa cultura, a lingua e o seu futuro” Con este pensamento na cabeza, Francisco del Riego e Xaime Illa Couto, puxéronse mans a obra para dar continuidade a actividade do Seminario de Estudos Galegos e a Editorial Nós, que […]

Arancha Nogueira gaña o festival aRi[t]mar co poema “Mamá fala en linguaxes”

Nogueira gañou na categoría Mellor poesía do ano 2022 en Galicia pola súa poesía Mamá fala en linguaxes, publicada no poemario Antese, Premio Victoriano Taibo 2021.  MAMÁ fala en linguaxes de documentos predeterminados. Pero eu sei que ten as mans na terra e as unllas podres polos peixes. A min cáenme as unllas a cachiños porque agora non hai xeito […]

Carlos Labraña gaña o Premio Frei Martín Sarmiento pola súa obra “Contra o reloxo”

A obra Contra o reloxo, de Carlos Labraña, ilustrada por Fon Barreiro, resultou gañadora nos Premios Frei Martín Sarmiento, na 2ª categoría (3º/4º Primaria). Este é un dos galardóns máis prestixiosos do noso sistema literario pois son o alumnado e profesorado os encargados de decidir cales dos libros publicados nos dous últimos anos son, segundo o seu punto […]

Un roteiro festexará os 20 anos de Frank Soutelo, no Carballiño

A colección do famoso detective Frank Soutelo, ideada por Miguel Anxo Fernández, gozará do seu propio roteiro, no Carballiño. Esculturas e placas explicativas lembrarán no concello ourensán o protagonista creado por Fernández. Foi no ano 2002 cando o detective Frank Soutelo botaba a andar polos vieiros da literatura galega. Da man do seu creador, o crítico de cine, […]