O mércores 21 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de Escola de mulleres, de Inma López Silva.
Acompañando a autora, estará Lucía Vidal Seoane, profesora de Química no IES As Mariñas.
A Editorial Galaxia publica a nova novela de Inma López Silva, “Escola de mulleres“. A autora, gañadora do Premio da Asociación de Críticos Literarios con “O libro da filla” (Editorial Galaxia, 2020), volverá sorprender ás lectores e lectores con este novo libro.
Esta novela fala sobre a fuxida. A súa protagonista, Gloria, unha profesora de Literatura Francesa na Universidade de Santiago de Compostela, foxe da dor, da perda, dunha realidade incerta, ancorada na opresión das convencións sociais.
Gloria decide darlle un xiro á súa vida, buscando cumprir o seu soño de abrir unha libraría na capital galega. A través dunha entolecida búsqueda cara aos soños propios, esta novela cuestiona os límites persoais e alleos, a liberdade e a moral. Contextualizada nunha paisaxe delimitada polas voces doutras mulleres, María, Zelda e Simone, acompañan nesta travesía á protagonista.
Inma López Silva (Santiago de Compostela, 1978) é escritora, ensaísta e crítica teatral. Autora dunha ampla obra literaria e xornalística recoñecida cos principais premios da literatura galega, é respectada polo público e a crítica e traducida a varias linguas como unha das voces máis senlleiras da literatura galega contemporánea. Despois de escribir “O libro da filla” (2019), publicou o seu primeiro poemario, “Clepsidras”, e mais o ensaio autoficcional “Quen non ten un avó fascista?” Logo de catro anos, Escola de mulleres supón o esperado regreso da López Silva novelista.