Este venres 16 de xuño, seguindo coa tradición do #Bloomsday, efeméride que festexa a publicación do Ulises de James Joyce, a Editorial Galaxia celebrará esta data en colaboración co MARCO de Vigo.
Seguindo coa tradición da celebración do Bloomsday, no ano posterior ao centenario da publicación de Ulises, de James Joyce, e na Editorial Galaxia temos preparada unha gran festa arredor do día.
O obxectivo é achegar a obra de Joyce ao público máis amplo posible, poñendo en valor a edición en galego deste clásico fundamental da literatura.
PROGRAMA / VENRES 16 DE XUÑO / BLOOMSDAY
Ás 11.30. Presentación á prensa no salón de actos do MARCO, coa participación de Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e María Alonso Seisdedos, como representante do equipo responsable da tradución do Ulises ao galego (Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo, e Antón Vialle).
De 12.00 a 14.30. LECTURAS PÚBLICAS de fragmentos do Ulises, diante da fachada principal do MARCO (rúa Príncipe).
Para participar, é necesario confirmar asistencia no seguinte correo:
comunicacion@editorialgalaxia.gal
O obxectivo é achegar a obra de Joyce ao público máis amplo posible. Que mellor xeito de facelo que cunha lectura colectiva ao redor do seu legado?