Rolda de prensa arredor de “Maruchi e o gancho”, na Estrada

O xoves 21 de setembro, celebrarase, na sala de xuntas do Concello da Estrada, ás 12 h, unha rolda de prensa de prensentación arredor do álbum Maruchi e o gancho, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, de Laura Cid Rascado. Acompañando a autora, estarán José López Campos, alcalde da Estrada; e Xesús Domínguez Dono, director […]
A Editorial Galaxia publica “Miña casiña, meu lar”, de Rosalía de Castro, en formato ilustrado

Blanca Millán converte o poema de Rosalía de Castro nunha celebración visual, delicada e cunha estética absolutamente moderna, que contextualiza a obra da autora no mundo actual. A ilustradora dedica Miña casiña, meu lar a todas aquelas que converten cousas pequenas en manxares. Este libro, amosa o valor do pequeno, a loita pola supervivencia dos máis […]
Galaxia publica “70º Norte”, de Xaime Toxo

Xaime Toxo debuta, en Editorial Galaxia, coa novela 70º Norte, publicada na colección Literaria. Nesta distopía fantástica, o autor, presenta o colapso social que acontece nas grandes áreas metropolitanas, indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento. Unha reminiscencia pandémica, na que unha praga contaxiosa leva á civilización postindustrial aos límites da […]
Lecturas recomendadas para este curso

Setembro é, xunto con xaneiro, o mes dos novos comezos. A cativada empezou este novo curso coa mochila cargada de ilusión e con toda a enerxía para seguir medrando e aprendendo nas aulas. Gran parte deses coñecementos atesóurannos os libros e as súas historias fantásticas. Ler sempre é un acerto e un camiño que nos […]
Inauguración da exposición “Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito”, en Vigo

O venres 15 de setembro, celebrarase, ás 17 h, no Museo do Mar, en Vigo, a inauguración da exposición, que leva por título Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito, arredor do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, comisariada por Malós Cabrera e Malores Villanueva. No acto, estarán, Marta Lucio, directora do […]
Presentación de “Millennials”, en Santiago de Compostela

O xoves 14 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de Millennials. Unha xeración entre dúas crises, de Raquel C. Pico. Acompañando a autora, estará María Ramos, xornalista. Publicado na colección Hoxe é hoxe, de Editorial Galaxia, Millennials, reflexa como a xeración millennial medrou na España que […]
Mañá chegará a todas as librarías o novo libro de Domingo Villar

O mércores 13 de setembro chegará a todas as librarías de Galicia SÍBARIS, a obra póstuma de Domingo Villar. O autor deixou preparado o libro para a súa publicación este ano. Será unha derradeira homenaxe a un dos nosos autores máis queridos. Inma López Silva é a autora do limiar que comeza recuperando unhas conversas […]
Presentación de “Mururoa”, en Vigo

O martes 12 de setembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Librouro de Vigo, a presentación de Mururoa, de Miguel Martín. Acompañando o autor, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Editorial Galaxia publica, na colección Costa Oeste, Mururoa, unha novela que afonda no comportamento humano, tanto a nivel individual como colectivo, diante de noticias […]