Dende a Editorial Galaxia recomendamos a lectura dalgunhas novidades de infarto, no mellor dos sentidos, para celebrar coas mellores escollas, o samaín.
En Galicia, a profunda sensibilidade cara ao mundo do pasamento é a mellor mostra da orixinalidade celta en Galicia. A santa compaña, os sapos e as meigas, o “calacús”… son só un pequeno exemplo de toda a riqueza cultural e mítica que enche a nosa terra de lenda.
Autores como Esteban Folgar, reflexan este legado cultural en Meigas. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp, vixían que ninguén salte unhas normas determinadas e axudan a quen o pida, pero tamén discuten e se enfadan unhas veces, e bailan e van xuntas de festa outras. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente… que non o merece.
Pensando na cativada, Loretta Birott Bermejo e Nuria Valdeón Balsas, crearon O noso samaín. Un álbum que explica ás nenas e nenos de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen de hai moitísimos séculos, tantos como ten o noso pobo milenario.
Se queredes pasar un samaín de medo recomendámosvos encarecidamente estas lecturas, unha escolla para desfrutar dende o prisma da nosa cultura.