Vive e traballa na Estrada, como profesor no IES Antón Losada Diéguez, onde tamén leva a radio escolar. Non cre nas redes sociais, prefire a sidra antes que a cervexa; sae todos os días cazar pokemons, e, sempre que pode, vai pedalear na bici e bucear.
É licenciado en Filoloxía Hispánica, Románicas, Xornalismo e Comunicación Audiovisual, o que lle serviu para traballar como profesor de español na China e Italia, e despois impartir clases de Imaxe e Son en Vigo e A Coruña.
Esta é a súa primeira novela, inspirada por unha canción de María Fumaça e saída en parte da potente imaxinación dos seus tres fillos.
Se queres contarlle que che gustou moito (ou nada) a obra, escríbelle!: esteban.folgar@edu.xunta.gal