Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, espazos cómplices das letras, tesoureiras da lectura.
Unha data que rende homenaxe ao valiosísimo labor que levan a cabo, cada día, achegando a cultura a todas e todos. Templos do saber que acubillan as palabras, o coñecemento e o pensamento da sociedade. Grazas ao seu compromiso, as amantes da lectura poden achegarse a clásicos e novidades de todo tipo, calmando a sede de aprendizaxe e lecer.
Compartir o pracer da lectura e celebrar, hoxe e sempre, o amor polos libros. Feliz Día das Bibliotecas!