Un camiño de descubertas

Publicada na colección Novela Gráfica de Editorial Galaxia, chega a todas as librarías de Galicia En camiño, de José Ángel Ares e Paco Hernández, traducida por Isabel Soto López. Nesta travesía, atopámonos con Emma, unha das protagonista, debuxante de cómics na trintena, que acaba de romper coa súa parella; guiada por un impulso, preséntase en Roncesvalles […]
Hoxe celebramos o Día Internacional da Infancia

Esta data pon en valor os avances acadados a favor da infancia. O obxectivo desta celebración é a de lembrar á cidadanía que a cativada é o colectivo máis vulnerable, e, por conseguinte, aquel que sofre máis as crises e os problemas do mundo. Hoxe é un bo momento para chamar a atención e mirar […]
Galaxia inaugura a colección Banda Deseñada

Esta colección, enfocada a público infantil e xuvenil, nace co obxectivo de fornecer os andeis da cativada e adolescentes con historias de todas as temáticas, inscritas no formato banda deseñada. Os libros Sentinelas da Lúa Carmesí, con guión de Ozo Perozo e Andrés Castro, ilustrado por Alexandre Senande; e A brigada iridiscente, de Elena Andrés, son os […]
Inauguración da exposición “Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito”, en Santiago de Compostela

O venres 17 de novembro, celebrarase, ás 12 h, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, a inauguración da exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito, arredor do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, comisariada por Malós Cabrera e Malores Villanueva. No acto intervirán, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política […]
“Ramiro Illa Couto. Vibración e músculo do galeguismo”, conferencia con Xosé L. Pastoriza Rozas, en Vigo

O xoves 16 de novembro, celebrarase, ás 19 h, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, en Vigo, unha conferencia que leva por título “Ramiro Illa Couto, vibración e músculo do galeguismo. Vida e azares do primeiro secretario da Fundación Penzol”, con Xosé L. Pastoriza Rozas; profesor da USC e padroeiro da Fundación Isla […]
Samuel Merino debuta na colección Dombate de Editorial Galaxia

O poeta de Mos, autor de “Claustro Corda Comensal” debuta na colección Dombate de Editorial Galaxia. En “Claustro Corda Comensal”, Samuel Merino comparte unha crónica do suceso, abrindo unha porta pola que acceder a un recanto da memoria. A través da súa personalísima voz, as lectoras e lectores poderán ser testemuña do esquema dun desastre […]
Silvia Penas debuta na colección Dombate de Editorial Galaxia

A poeta viguesa, autora de Retratos de vodas, partos e funerais, debuta na colección Dombate de Editorial Galaxia. No poemario Retratos de vodas, partos e funerais, Silvia Penas ofrece un retrato persoal, no que destaca a fuxida. Unha poesía marcada pola sororidade, na que a voz poética é quen de mirarse noutras mulleres, que esparexen […]
Celebramos o Día das Librarías

Este sábado celebramos, todas e todos os amantes das lecturas, o Día das Librarías. Unha efeméride que pon en valor o gran labor que desenvolven estes templos, tesoureiros da palabra. Festexamos o seu traballo de difusión, a través dos seus espazos; pois neles pasamos moitas horas pescudando novos volumes ou deixándonos asesorar polas libreiras e […]