Xa está aquí “Groenlandia”, Premio de Narrativa Breve Repsol 2023

Editorial Galaxia publica Groenlandia, Premio de Narrativa Breve Repsol 2023, de Fran Fernández Davila. Publicada na colección Literaria, esta novela supón un mosaico literario de perfecto encaixe, construído a través da intriga, do humor e unha pasarela de personaxes que ficarán engaiolados nas illas dos Azores. Groenlandia é unha novela plena e orixinal que abre dende unha […]
Vémonos esta fin de semana, no Culturgal

Como cada ano, Editorial Galaxia participará na nova edición do Culturgal 2023, que se celebrará do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Cunha programación diversa, Galaxia estará ofrecendo unha gran variedade de eventos: conversas sobre as nosas últimas novidades, premios, encontros cos nosos autores e autoras, sinaturas… agardámosvos no noso […]
Galaxia publica “Somos Hip Hop”, un roteiro polo movemento urbano

Nada nos limita. Podemos cantar fóra de ton. Podemos samplear a Tchaikovsky. Podemos falar de cordóns de zapatos se queremos… Con esta cita de Looking For The Perfect Beat, comeza Somos Hip-Hop. Fudamentos do breaking, rap, graffiti, turntablism e beatbox , de Pablo Castiñeira Olveira e David Brey Vázquez. Toda unha declaración de intencións que pon o […]
Celebramos o aniversario de Xesús Alonso Montero

Hoxe, martes 28 de novembro, o profesor Xesús Alonso Montero cumpre 95 anos. Toda unha vida dedicada á cultura. Figura imprescindible nas nosas letras, non necesita moitas presentacións. O catedrático de Literatura Galega e escritor, Premio da Cultura Galega na categoría de Letras en 2020, destaca pola súa entrega incansable a favor do idioma, da […]
Presentación de “Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira”, en Vigo

O martes 28 de novembro, celebrarase, ás 18 h, no Instituto Camões – Centro Cultural Português en Vigo, a presentación de Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira, de Ramón Villares. Acompañando o autor, estarán António Cunha, presidente da Eurorregión e da CCDR-Norte; Célia Méndes, directora do Instituto Camões – Centro Cultural Português; Lourdes Varela; licenciada en […]
Un camiño á liberdade

Esta fin de semana celebrarase, o sábado 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data que reivindicamos cada día, de maneira individual e colectiva en prol da igualdade entre homes e mulleres. Dende Editorial Galaxia, amosámonos e participamos nunha posición activa na loita feminista. Este día é tan […]
Editorial Galaxia estrea canal de WhatsApp: así podes seguirnos

A editorial lanza unha nova vía informativa que difundirá as noticias máis importantes do día: actos, efemérides, novidades editoriais… que recibirán nos seus teléfonos. Galaxia abriu un canal de WhatsApp para comunicarse directamente coa comunidade. A través da aplicación de mensaxería, recibiranse as informacións máis importante do día. Un xeito de informarse da nosa actualidade […]
Presentación de “Sobremesas sobre versos”, en Santiago de Compostela

O xoves 23 de novembro, celebrarase, ás 19 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a presentación de Sobremesas sobre versos, Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022, de Raquel Castro. Acompañando a autora, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; María Isabel Gey, presidenta de […]