Hoxe celebrouse, no Café Vitruvia, en Vigo, unha rolda de prensa para presentar o Premio Galaxia de Novela 75 Anos.
Pasaron 50 anos dende que Carlos Casares gañou con Xoguetes para un tempo prohibido o premio convocado en 1975 para celebrar o 25 aniversario da editorial. Pensando no 2025 e o 75 aniversario, Galaxia quere recuperar este premio.
No acto, participaron Xosé M. Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia; Dolores Vilavedra, presidenta do xurado e conselleira da editorial; Marcos Calveiro, secretario do xurado e director de Edicións; e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.
Poderán optar ao premio os escritores e escritoras maiores de idade que o desexen, ata o 1 de decembro de 2024. Establéce un único premio, indivisible, dotado coa cantidade de 25.000 €.
Podedes consultar as bases premendo aquí.