A Editorial Galaxia recupera unha colección emblemática da súa traxectoria editorial: Ronsel. Nesta colección publicaron, nos anos 80 do século pasado, algunhas das súas primeiras obras autores como Miguel Anxo Murado, Xesús Manuel Valcárcel ou Darío Xohán Cabana. Agora recupérase para dar cabida a novas voces e novas temáticas das nosas letras e a longo deste ano acadará ata un ducia de títulos.
A colección inaugúrase coa obra Na canella infinita do escritor moañés Juan Parcero. Unha novela na que dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de pantasmas e sombras. Corren os anos oitenta, un tempo de gran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitas traxedias persoais, dor e morte. Un achado accidental e envelenado nunha praia coloca ao trío de protagonistas no bordo do precipicio. Historias paralelas e que se bifurcan, as ansias de desaparecer e esquecer o medo, o ímpeto humano do auxilio e solidariedade, os remorsos e a procura de consolo, o terror cara a un futuro que non existe e a sabedoría dun pasado que sempre acompaña, forman parte dunha historia engaiolante e poliédrica na que moitos lectores e lectoras se recoñecerán.
A longo do ano haberá máis novidades editoriais que devagar nos conducirán ata o 75 aniversario da editorial que celebremos con nosos os lectores e lectoras no 2025 .