Editorial Galaxia convoca o Reto Lector 2024

Categoría: Nova, Destacado

Se tes entre 12 e 16 anos podes participar no noso Reto Lector!

Facelo é moi sinxelo, só tes que:

Ler dous libros de Editorial Galaxia

Gravar un vídeo comentándoos, de 1 minuto como máximo

Enviárnolo por correo electrónico co asunto “Reto Lector”, ou etiquetándonos en Instagram (@galaxiaeditorial) ou en X (@edgalaxia)

Se nos etiquetas en redes sociais, confírmanos a túa participación cun correo a: comunicacion@editorialgalaxia.gal

Cóntanos que foi o que máis che gustou do libro e por que o recomendarías.

BASES

  1. Poderán optar ao premio as rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as dúas idades incluídas.

 

  1. Para participar é preciso ler dous libros da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste, Literaria, Banda Deseñada ou Novela Gráfica.

 

  1. Cada participante deberá enviar un vídeo a comunicacion@editorialgalaxia.gal, co asunto “Reto Lector”, ou etiquetarnos en Instagram (@galaxiaeditorial), Tiktok (@editorial.galaxia), ou X (@edgalaxia).

As persoas interesadas deberán comentar que foi o que máis lles chamou a atención das obras e por que as recomendarían. A finalidade do vídeo é animar a que outras persoas lean.

  1. Editorial Galaxia resérvase o dereito de divulgar, a través da súa web e das súas redes sociais, os vídeos recibidos. Por este motivo, no correo electrónico que cada participante nos envíe, ademais do vídeo deberá achegar a autorización da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización premendo aquí.

 

  1. O vídeo non poderá superar 1 minuto de duración.

 

  1. Convidarase a un xurado formado por alumnado da ESO dun centro de Galicia para decidir o vídeo gañador. Automaticamente, este centro quedará fóra da convocatoria. Cada membro do xurado elixirá os cinco vídeos que máis lle gusten, de entre os recibidos.

 

Deberá valorar os seguintes aspectos, cunha puntuación entre 1 e 5:

 

  1. Poder de persuasión

 

  1. Claridade expositiva

 

  1. Creatividade na gravación

 

  1. O rapaz ou a rapaza que gañe o reto lector recibirá unha tableta de última xeración.

 

  1. Ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades das coleccións Literaria, Costa Oeste, Árbore, Novela Gráfica e Banda Deseñada para os cinco seguintes clasificados, e insignias para os tres primeiros.

 

  1. A data límite para entregar os vídeos será o 26 de abril de 2024.

 

  1. A decisión do xurado farase pública no mes de xuño de 2024.

Podes descargar a autorización para participar aquí.

Podes descargar as bases aquí.

Máis información na nosa páxina web: www.editorialgalaxia.gal

Comparte nas túas redes sociais ou por email