Lecturas Orgullosas

Hoxe celebramos o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, unha loita que dende a editorial apoiamos activamente a través de publicacións para todos os públicos. A orixe desta conmemoración atópase na madrugada de 1969, nos chamados disturbios de Stonewall. Foi a primeira vez que a comunidade LGTBIQ+ xuntou forzas para reivindicar os seus dereitos, contra a […]
Presentación de “Biscoito de laranxa”, en Bueu

O sábado 29 de xuño, celebrarase, ás 12 h, na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, en Bueu, a presentación de Biscoito de laranxa, de Daniel Chapela. Acompañando o autor, estarán Anna R. Figueiredo, escritora; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Colabora a libraría Miranda. Biscoito de laranxa pretende mergullar o lector no […]
Xa están dispoñibles os primeiros capítulos de “O que non ten prezo”

Pacho Blanco publica, na colección Literia de Galaxia, “O que non ten prezo”, unha historia que reflexa as miserias e realidades da nosa sociedade. Esta historia pescuda na esencia do ser humano, dende Galicia ata a India, transitando por todos os lugares que poidamos imaxinar e empapándose de todas as vidas para entender o que realmente […]
Unha historia de amizade, respecto e camaradería

Publicado na colección Costa Oeste, Luz. A historia non contada de Jesse Owens e Luz Long, de Francisco Castro, conta a historia real de Luz Long, represaliado por Hitler por axudar a un competidor, negro. Unha historia de amizade, respecto e camaradería, nun tempo escuro de racismo, represión e violencia. A través dunha escrita áxil e […]
Convócase o III Premio de Novela Camiño de Santiago

A Academia Xacobea convoca a terceira edición do Premio de Novela Camiño de Santiago. O galardón, organizado coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, o patrocinio de Aluminios Cortizo, e a colaboración de Editorial Galaxia, está dotado con 3.000 euros O prazo para o envío dos orixinais estará aberto ata o 30 de […]
Unha ‘road trip’ a través das estampas da vida e da morte

Iria Collazo López publica, na colección Literaria Ronsel de Editorial Galaxia, unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós. Cunha portada ilustrada pola artista Luz Beloso, esta obra, escrita co humor e a tenrura como protagonistas, conta con nostalxia unha historia de amor imposible, onde todo o […]
Takekazu Asaka visita a Editorial Galaxia

O lingüísta e profesor xaponés Takekazu Asaka, recentemente nominado académico de honra da Real Academia Galega, visitou a Editorial Galaxia. Asaka, que traduciu ó xaponés obras de autores en lingua galega e elaborou a primeira gramática galega para nipóns; veu a coñecer de primeira man o traballo da editora e o nosa realidade actual. Este […]
Bases da XVIII Edición do Premio Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio Narrativa Breve Repsol, que se rexerá polas seguintes BASES:: 1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto […]