Galaxia estará na Feira do Libro de Ponteareas

Hoxe comeza a Feira do Libro de Ponteareas, a oitava nesta nova edición, que estará aberta ata o 14 de xullo. Celebrarase nos Xardíns da Xiralda. Editorial Galaxia estará presente coa seguinte programación: Venres 12 de xullo, ás 18 h. Presentación de Pero… como morren as pegas?, de Óscar M. Guzmán. Acompañando o autor, estará […]
Lecturas futbolísticas

Para as e os máis futbolistas da casa, destacamos as seguintes lecturas: FÓRA DE XOGO, VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, de José Luis Baños de Cos, ilustrado por Agustina Shuan. Recomendada a partir de 8 anos, narra a historia dunha amizade, reivindica o dereito das nenas a través do deporte e os soños […]
Presentación de “Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey”, en Ourense

O mércores 10 de xullo, celebrarase, ás 19 h, no Liceo de Ourense, a presentación de Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey, de Paco López-Barxas, ilustrado por Acislo Manzano. Acompañando o autor e o ilustrador, estarán Valentín García Gómez, Secretario Xeral da Lingua; e Xosé M. Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia. Que segredos oculta […]
Adrián Pérez Bote gaña o Premio Illa Nova con “Baixo o ceo de xeo”

Reunido o xurado do Premio Illa Nova de Narrativa nas instalacións de Ámbito Cultural de El Corte Inglés; compoñen o xurado Iago Fernández, Miriam Ferradáns, Karla González Miravete, Iria Morgade e Pablo J. Rañales. Exerce de secretaria do xurado, en representación da Editorial Galaxia, Malores Villanueva; que, por unanimidade, decide outorgarlle o Premio Illa Nova […]
As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir. A través delas, Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar –as tres Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños) falecidas hai máis dunha década–, a Real Academia […]
Galaxia estará na Feira dos Libros de Pontevedra

A Boa Vila acolle durante esta semana a Festa dos Libros, una efeméride que pon en valor o exercicio literario galego, na Praza da Ferraría. Desfrutar do mes de xullo é sinónimo de escoller boas lecturas que nos acompañen durante esta tempada de descanso e desconexión. Que mellor maneira de desfrutar dunha das nosas estacións […]
No pasamento de Justo Beramendi

O escritor e historiador Justo Beramendi faleceu esta madrugada, aos 83 anos de idade, en Santiago de Compostela. Deixa tras de si un importante legado no ámbito cultural e académico de Galicia, polo que sempre o lembraremos na nosa sociedade, con agarimo e un fondo agradecemento. Nado en 1941, foi catedrático emérito de Historia Contemporánea da […]
Galaxia estará na Feira do Libro de Vigo

Hoxe comeza a Feira do Libro de Vigo, a sétima nesta nova edición, que estará aberta ata o 7 de xullo. Celebrarase na Alameda da cidade olívica. Editorial Galaxia estará presente cunha programación para todos os públicos, con presentacións, sinaturas e espectáculos musicais: Luns 1 de xullo, ás 19:30 h. Presentación de “O que non […]