Galaxia recibe a visita da Deputación de Pontevedra

Categoría: Nova

Hoxe recibimos, en Editorial Galaxia, a visita da Deputación de Pontevedra.

Unha comitiva encabezada por Luis López, presidente provincial, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e o deputado de Cultura Jorge Cubela; mantivo un encontro de traballo co equipo directivo da editorial, no que participaron Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración, Xosé Manuel Soutullo, director xeral, Manuel Meixide Vecino, vicepresidente segundo, e Xavier Martínez Cobas, conselleiro delegado. Compartiron as súas ideas e propostas relacionadas co mundo da cultura e, en concreto, o da edición en Galicia, poñendo en valor diferentes asuntos de interese mútuo para as institucións.

Galaxia

A editorial Galaxia foi fundada o 25 de xullo do ano 1950 en Santiago de Compostela. Ao longo dos seus 74 anos de historia, a firma editou máis de 3.000 títulos e consolidouse como a gran referencia da edición de obras en lingua galega. Ademais, ao abeiro da Editorial Galaxia constituíronse as fundacións Penzol, Otero Pedrayo e Isla Couto. 

Comparte nas túas redes sociais ou por email