O 8M, unha loita diaria

Dende a Editorial Galaxia amosámonos como firmes defensoras da loita feminista en prol da igualdade entre homes e mulleres. O 8M é só un recordatorio do que se debe defender cada día: a liberdade, a igualdade de oportunidades, a diversidade, a dignidade, a valentía, a abolición da opresión ou do machismo que se mestura en toda a sociedade, […]

A Editorial Galaxia publica “Conversas con Ricardo Carballo Calero”, de Carmen Blanco

A Editorial Galaxia publica unha nova edición do libro Conversas con Ricardo Carballo Calero, de Carmen Blanco, co gallo de achegar máis información sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas 2020. Esta nova edición amosa unha revisión actualizada do texto cun prólogo introdutorio da autora, así como algunhas imaxes que apoian […]

Seis libros de Galaxia, finalistas nos Premios da Gala do Libro Galego 2020

Hoxe déronse a coñecer as obras finalistas nos Premios da Gala do Libro Galego 2020, na que destacan seis obras da nosa casa editorial. Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane, na categoría de Ensaio e investigación, e Iniciativa bibliográfica. A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer […]

A Editorial Galaxia publica o Premio Blanco Amor, obra de Xesús Fraga

Xa temos nas nosas mans a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2019: Virtudes (e misterios), do xornalista e escritor Xesús Fraga. Esta é, sen dúbida, unha creación singular, na que o autor decidiu contar a emigración dende a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo ao encetar esta novela que é, sobre […]

Centenario da primeira exposición das estampas de “Nós”

Hoxe, cúmprese o centenario da primeira exposición que fixo Castelao, o día 2 de marzo de 1920, das estampas de  Nós, na Coruña. Unha fermosa composición de 50 estampas do artista rianxeiro que primeiro circulou como exposición e en 1931 foi editada nun álbum. A colección recóllese nunha obra editada por iniciativa dun grupo de […]

Presentación de “Distancias” en Vigo

O día 2 de marzo, ás 20:00 h, celebrarase, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Distancias, de Tamara Andrés, ilustrado por Marcos Viso. Acompañando aos autores, asistirá Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Distancias é un artefacto poético concibido por Tamara Andrés e Marcos Viso, un álbum ilustrado sen fronteiras nin idades, […]

Presentación de “Novelovento” en Mondoñedo

O día 28 de febreiro, ás 12:30 h, celebrarase, no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, a presentación do libro-disco Novelovento, de Emilio Rúa, dentro dunha xornada de homenaxe a Álvaro Cunqueiro. En nome de Editorial Galaxia irá Eva López. O cantautor Emilio Rúa musica os poemas do libro Herba aquí e acolá de Álvaro […]

Palabras de despedida de Víctor F. Freixanes como codirector da revista Grial

Carta aos lectores, colaboradores, subscriptores, amigos e amigas da revista GRIAL Febreiro 2020 Queridos/as todos No ano 2002, logo do pasamento de Carlos Casares, o Consello de Administración de Editorial Galaxia confioume a dirección xeral da editora e, coa mesma, a dirección dun dos seus proxectos máis queridos: a revista GRIAL. Dende entón, durante 17 […]