Un 15 de abril de 1953, hai 67 anos, nacía o poeta Fiz Vergara Vilariño na parroquia de Santalla de Lóuzara, no concello lugués de Samos; o mesmo lugar no que finou en 1997.
Formou parte do colectivo Cravo Fondo. A súa poesía tiña inicialmente un marcado carácter social, que foi logo derivando cara a un maior intimismo. Podemos destacar algunhas obras coma Nos eidos da bremanza ou Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda, unha antoloxía poética que publicamos recentemente na editorial.
Este último título, é un traballo necesario que estabamos a agardar dende hai tempo e que nos ofrece, da man de Yago Rodríguez Yáñez, a escolma poética definitiva do escritor, quen, ademais, analiza con profusión no estudo que abre o volume.
Este é un libro para coñecer o poeta e para ler o poeta que, nun día coma hoxe, recomendamos encarecidamente.