Chus Pato e Alba Cid, en Asymptote

Categoría: Nova

Algúns dos poemas de Un libre favor, de Chus Pato e Atlas, de Alba Cid, foron traducidos na prestixiosa revista Asymptote.
Erín Moure traduciu algúns dos poemas de Chus Pato, The Face of the Quartzes, á que podedes acceder premendo na ligazón.
Quen lea esta obra hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa.

Non esa poesía que está dentro dunha urna e non se pode tocar. Ao contrario, a sensación da apalpar algo maleable e ao tempo firme, sereno e desacougante, inasible e propio.
Jacob Rogers traduciu algúns dos poemas de Atlas, de Alba Cid, que podedes ler premendo aquí.
Trátase dun texto singular en que a palabra e a imaxe viaxan da man canda a ollada asombrada da poeta.
É toda unha honra que dúas das nosas poetas figuren nesta revista de renome. Asymptote foi gañadora do Premio á Iniciativa de Tradución Literaria na Feira do Libro de Londres 2015, e é o principal espazo de literatura traducida do mundo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email