Hoxe, hai 30 anos que nos deixou Ricardo Carvalho Calero

Un 25 de marzo, coma hoxe, hai 30 anos que nos deixaba Ricardo Carvalho Calero, unha figura senlleira do galeguismo á que, este ano, a Real Academia Galega declara como protagonista no Día das Letras Galegas. Exerceu como catedrático de Lingüística e Literatura Galega e tamén cultivou o seu interese polo mundo da escrita. Foi membro da […]
‘A ESMORGA’ SEGUIRÁ DOUS DÍAS MÁIS

Tras o éxito acadado coa iniciativa de liberar a película, Vía Láctea Filmes, TVG e a Editorial Galaxia deciden prorrogar durante dous días máis en aberto “A Esmorga” para que todo o mundo leve mellor a corentena. Podedes acceder ao visionado da película ata o mércores 25 ás 6:00 h. A ESMORGA – Versión Orixinal GALEGO A ESMORGA – […]
A PELÍCULA ‘A ESMORGA’, DE BALDE PARA PASAR MELLOR A CORENTENA

A esmorga en aberto! Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtoras de A esmorga, ofrecen o filme dous días de balde para contribuír coa nosa achega a acadar a disposición de espírito para a AFOUTEZA. Podedes acceder ao visionado da película dende hoxe, venres 20, ás 20:00 h ata o luns 23 ás 06:00 h. […]
I Premio de Ensaio Camiño de Santiago

A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o I PREMIO DE ENSAIO “CAMIÑO DE SANTIAGO”, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno […]
A lectura, o mellor refuxio

Estamos pasando tempos incertos que nos obrigan a quedar na casa. Unha situación sen precedentes que, ben organizada, pode deixarnos, dentro de todo o malo, cousas moi positivas como ler todos esos libros que tiñamos pendentes ou descubrir outros novos. Nun ano no que a Editorial Galaxia cumpre 70 anos, coincidindo co centenario da xeración Nós, e Ricardo Carvalho […]
Presentación do Premio Blanco Amor 2019: “Virtudes (e misterios)”

Onte, na Pazo Provincial de Ourense, celebrouse unha rolda de prensa ao redor da novela gañadora do Premio Blanco Amor 2019 Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga. A novela foi presentada polo autor, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o director da Fundación Eduardo Blanco Amor, Luis González Tosar e o presidente da Editorial Galaxia, […]
Un roteiro polos escenarios da novela “O último barco”, de Domingo Villar

Onte comezou un percorrido polos lugares onde transcorre O último barco que organizamos dende a Editorial Galaxia, xunto co Concello de Moaña. Ao redor de 175 alumnas e alumnos fixeron o primeiro pase e coñeceron de primeira man as localizacións nas que se baseou Domingo Villar para escribir a novela. Procedentes de Lugo, Monterroso ou Monforte […]
Xoán Curiel, finalista nos XIX Premios Opinión Música de Raíz

Na Editorial Galaxia estamos moi felices porque Xoán Curiel está nomeado como finalista nos Premios Opinión Música de Raíz polo seu traballo Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas. Un disco editado pola nosa casa no que o autor nos propón unha viaxe polo universo de Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras […]