“Distancias” que nos achegan

Categoría: Nova

Se hai unha palabra que oímos durante este tempo, esa é distancia. Ou na súa variable, distanciamento, distanciar, distanciarse, distanciamento social… verbas protagonistas que funcionan coma salvavidas hoxe en día.
É curioso que Tamara Andrés e Marcos Viso crearan un artefacto poético ao que titulan Distancias. Chamarlle á poesía visual desa maneira, cando o que fai é achegarnos máis ca nunca. Porque as verbas e a arte unen, e eso ben o saben os nosos autores. Este é un álbum ilustrado sen fronteiras nin idades, unha pregunta constante, un deixarse levar.
Un proxecto que os dous creadores idearon para experimentar, para asombrarse, para establecer un diálogo sen xerarquías entre texto e ilustración, para amosar a literatura como unha arte en acción. Unha acción para a alma que, ao igual que a palabra distancia, tamén funciona coma salvavidas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email