“As cruces da pedra na Bretaña”, de Castelao, cumpre 90 anos

Categoría: Nova

Este mes de maio, As cruces da pedra na Bretaña, de Castelao, cumpre 90 anos.
Este facsímile é un estudo que afonda na linguaxe expresiva dos cruceiros bretóns. Realizado no marco do Seminario de Estudos Galegos, investiga a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características de Bretaña.
Castelao pon, ademais, estas cruces en relación coas do mundo celto-atlántico (Escocia, Irlandae Galicia) e afonda na idea de afinidade cultural con eses países. Este libro de formato grande incorpora numerosos debuxos así como láminas con ilustracións feitas polo propio autor e algunhas fotografías.

Comparte nas túas redes sociais ou por email