Dous libros de Galaxia, gañadores na V Gala do Libro Galego

Categoría: Evento, Nova

As obras escollidas polo xurado foron A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, de Juan Casto Rivadulla Fernández, ilustrado por Nuria Díaz, na categoría de Divulgación, e Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane, na categoría de Iniciativa bibliográfica.

Na Editorial Galaxia estamos moi felices porque dous dos nosos títulos resultaron gañadores na V Gala do Libro Galego.
É toda unha honra recibir estes galardóns tendo en conta o alto nivel das obras presentadas. Sen dúbida, o noso compañeiro Xulio Amigo, quen editou o libro premiado en Divulgación, estaría feliz polo recoñecemento.
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email