Día Mundial da Saúde

Dende o 1948, a Organización Mundial da Saúde (OMS) proclamou o 7 de abril coma o Día Mundial da Saúde. Dende a Editorial Galaxia defendemos a importancia da causa e convidamos, a cativos e maiores, a reflexionar sobre a mesma. Nun día coma hoxe, recomendamos a lectura do libro Os nenos da varíola, de María Solar. Velaquí unha das […]

“O Principiño” cumpre 77 anos

Hoxe cúmprense 77 anos da publicación de O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Esta é unha das obras máis importantes da literatura infantil e universal; e un dos libros favoritos de Carlos Casares, antigo director da Editorial Galaxia, […]

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe, 2 de abril, celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil, un dos xéneros máis importantes nas letras galegas. Dende Galaxia aproveitamos para amosarvos as nosas últimas novidades para os máis pequenos da casa. A viaxe de Ana, de Alberte Momán, é un libro para compartir. Ilustrado por Lidia Nokonoko, é unha fábula chea de luz […]

No pasamento de Xosé Luís Franco Grande. Un home bo e xeneroso

Con grande dor recibimos na Editorial Galaxia a nova do pasamento este martes de Xosé Luís Franco Grande, avogado e escritor galeguista crucial na historia do noso país dende a súa mocidade, cando, recén saído da universidade, se comprometía coa causa galeguista para implicarse en accións tendentes á recuperación do legado cultural, lingüístico e nacional […]

XXXII Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]

Día Mundial do Teatro

Hoxe celébrase o Día Mundial do Teatro, un xénero que dende a Editorial Galaxia consideramos esencial na vida cultural de toda sociedade. Unha ferramenta versátil que ás veces sinala os aspectos máis incómodos de todas e todos nós, noutras ocasións, sérvenos para facer humor de nós mesmos. A Obra dramática, de Andrea Dunbar, pertencente á […]

Concurso para a cativada

Prezadas familias e cativada: Temos unha proposta para levar estes días de corentena o mellor posible. Xa que temos que estar na casa, imos tirarlle o maior proveito, pois nos fogares tamén se poden facer moitas cousas. Imos convocar un concurso de debuxo para as nenas e nenos, co cancelo: #LeoNaCasa. As bases son as […]

A película A ESMORGA consegue case 50.000 visionados na rede

A película A ESMORGA, consegue case que 50.000 visionados nos catro días nos que a ofrecimos en aberto. Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtoras de A Esmorga, ofrecemos o filme dous días de balde para contribuír coa nosa achega a acadar a disposición de espírito para a AFOUTEZA. O visionado estivo dispoñible na […]