O artista expuso recentemente no centro cultural Marcos Varcárcel, antes de que se decretase o estado de alarma. Buciños é un dos principais renovadores da arte en Galicia. Nado en Carballedo (Lugo), afincouse en Ourense hai anos e tomou o seu nome artístico da súa aldea.
O premio entrégase a persoas dedicadas á cultura galega, que seguen os valores que promoveu Otero Pedrayo. Lembraba o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Juan Luis Saco Arce, que Buciños formou parte da tertulia dos Artistiñas, grupo que incluía a Xaime Quessada, Xosé Luís de Dios, Acisclo Manzano, Xavier Pousa e Arturo Baltar.
Esta XXXVIII edición do Premio Trasalba debía entregarse no mes de xuño, o sábado máis cercano ao día de San Pedro, pero a situación sanitaria fai que se teña que adiar, aínda sen data concreta, pero se as circunstancias o permiten será «entre a vendima e a castiñeira», antes do San Martiño.