A Editorial Galaxia publica “Pandemia” de Slavoj Žižek

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia publicará nas vindeiras semanas este ensaio, en tradución ao galego de Carlos Aymerich, no que o referencial intelectual aborda nesta obra os efectos da crise desatada pola pandemia de coronavirus, tanto nas mentes como no sistema socioeconómico, e reflexiona sobre a necesidade de repensar a sociedade contemporánea desafiando as verdades asumidas ata agora, que a epidemia derrubou en favor dunha plena solidariedade e unha resposta coordinada a nivel global, onde a saída da crise pasa por algunha forma do que, noutrora, se chamou comunismo.
O autor (Liubliana, 1949) é filósofo, sociólogo, psicanalista lacaniano, teórico cultural, activista político, dirixe o Instituto Birkbeck de Humanidades da Universidade de Londres. Escribiu máis de corenta libros de filosofía, cine, psicanálise e crítica da ideoloxía, entre outras disciplinas, que o converten nun dos ensaístas máis prestixiosos do momento.

Comparte nas túas redes sociais ou por email