Presentación de “Os mundos de agora”, en Ourense

O xoves 22 de xullo, celebrarase, ás 20:30 h, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dentro da programación do ‘Foro La Región’, a presentación do libro Os mundos de agora, de Lois Oreiro. Baixo o título de OS ROBOTS NON PENSAN NIN AMAN, INFLÚEN. Intelixencia artificial e implantes tecnolóxicos que condicionan o humano,  Marcus Fernández, webmáster de […]

Presentación de “H2… Oh!!! Pingas científicas”, na Coruña

O venres 16 de xullo, celebrarase, ás 19 h, na Sala Leonardo da Vinci, da Domus da Coruña, a presentación de H2… Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa, ilustrado por Luz Beloso. Acompañando a autora, estarán Patricia Barciela, directora da Domus, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. O novo traballo de María Canosa é un libro singular, […]

Galaxia estará na Feira do Libro de Ponteareas

Raquel Castro, Xosé A. Perozo, Nee Barros Fernández e Rexina Vega, son os autores que estarán asinando os seus últimos lanzamentos. Chega o verán e con el as agardadas feiras dos libros, espazos nos que descubrir e compartir novas lecturas; é o caso da Feira de Ponteareas, que se celebra dende o día 15 ata o 18 […]

Presentación de “A Galiza feminista”, na Coruña

O mércores 14 de xullo, celebrarase, ás 17:30 h, a presentación do libro A Galiza feminista, de Miriam Couceiro Castro, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña. Acompañando a autora, estarán Pilar López-Rioboo Ansorena, ex-subdelegada do goberno na Coruña, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A autora achégase, neste libro, a un posible relato arredor do movemento […]

Convócase o XV Premio de Narrativa Breve Repsol

O Premio de Narrativa Breve Repsol está convocado pola Fundación Repsol, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia. A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria. As obras poderán enviarse ata o próximo […]

A Selección OEPLI 2020 recoñece seis obras de Editorial Galaxia

A lista honra de la Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil selecciona os mellores títulos publicados cada ano en todas as linguas oficiais do Estado. Un total de seis títulos de Editorial Galaxia aparecen este ano no Catálogo Literatura Infantil y Juvenil de España. Selección OEPLI 2020, unha escolma elaborada pola Organización Española […]

A Editorial Galaxia anuncia a publicación do novo libro de Domingo Villar

Os dez relatos de Algúns contos completos estarán acompañados dos linogravados de Carlos Baonza Editorial Galaxia levará de novo ás librarías a Domingo Villar a principios de setembro. Tralo éxito de O último barco, que puxo o ramo á triloxía do inspector Leo Caldas, dous anos despois, Algúns contos completos desvelará unha faceta sorprendente do […]

Rolda de prensa de presentación de “Imperios e danzas”, en Santiago

O xoves 8 de xullo, celebrarase, ás 13:30 h, unha rolda de prensa de presentación arredor de Imperios e danzas: As Españas plurais do Franquismo, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020, de Xosé Manoel Núñez Seixas, no Consello da Cultura Galega. Acompañando o autor, estarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Rosario Álvarez Blanco, presidenta do […]