Presentación de “Castelao. Plástica e pensamento. 1903-1916”, en Pontevedra

O mércores 21 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Arquivo da Deputación de Pontevedra, a presentación de Castelao. Plástica e pensamento. 1903-1916, de Xesús Andrés López Piñeiro. Acompañando o autor, estarán María Ortega, Deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, o prologuista do libro, Xosé Manuel Pazo Blanco, e Francisco Castro, director xeral […]

Presentación de “Algoritmos”, en Pontevedra

O martes 20 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Paz de Pontevedra, a presentación de Algoritmos, de Xavier Queipo. Acompañando o autor, estará Olga Nogueira. Queipo volve a sorprender ao público cunha nova novela. Publicada na colección Literaria, Algoritmos é un exercicio de análise, de pensar fóra da norma, de expresar ideas e sentimentos cunhas […]

XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario […]

O luns comeza o Obradoiro Literario, da Escola de Letras, con Anna R. Figueiredo

O luns 19 de setembro, comeza, ás 19:00 h, o Obradoiro Literario con Anna Figueiredo: Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas…, en Pontevedra. Celebrarase os días 19 e 26 de setembro; 3, 10, 17 e 24 de outubro; 7 e 14 de novembro, en horario de 19:00 h a 21:00 h, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da […]

Mamá Cabra e Pitusa Semifusa son finalistas nos Premios Martín Códax

Mamá Cabra e Pitusa Semifusa forman parte da lista de finalistas na novena edición dos Premios Martín Códax da Música, os máis prestixiosos da música galega. Estes premios, promovidos pola Asociación de Músicas ao Vivo nacen coa intención dar visibilidade e recoñecer a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego. […]

Presentación de “O mundo e outras vésperas”, en Santiago de Compostela

O xoves 15 de setembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de O mundo e outras vésperas. Colaboracións en El Pueblo Gallego (1932-1936), de Álvaro Cunqueiro, en edición de Armando Requeixo. Acompañando o editor, estarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, César Cunqueiro, fillo de Álvaro Cunqueiro, a […]

50 anos de poesía e compromiso

A Editorial Galaxia publica De rosa antiga, de Helena Villar Janeiro. A meu pai, que me deu unhas alas. A miña nai, que me elevou os pés para alpeirar. Así comeza adicando a autora a súa obra máis persoal. Celebrando as súas vodas de ouro coa poesía, a escritora Villar Janeiro festexa o seu amor pola palabra […]

Hoxe ábrese a matrícula para o Obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío

Hoxe, ás 8:00 h, ábrese o prazo de inscrición da Escola para o Obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío, en Pontevedra. Despois do grande éxito dos obradoiros que inauguraron a terceira edición da Escola, volve a estar dispoñible o prazo de matrícula para todas e todos os amantes da palabra, interesados en aprender e conectar con […]