Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas, unha efeméride que pon en valor o importante labor destes espazos, refuxios para as letras e as amantes da palabra. Templos da lectura, que defenden e promoven as historias, achegándoas a nenas, nenos, e maiores.
Acubillos do saber que atesouran a cultura, o coñecemento e o pensamento da humanidade. Organismos cómplices, encárganse de manter e crear a novas lectoras e lectores, espallando as nosas novidades editoriais e coidando de grandes clásicos, que xa gozan dun espazo propio nos seus andeis.
Compartimos o pracer da lectura e celebramos, hoxe e sempre, o amor pola lectura. Feliz Día das Bibliotecas!