Cinco lecturas para vivir grandes aventuras

Vampiros sospeitosos, segredos agochados no mar, meigas que usan WhatsApp, viaxes á deriva sobre o xeo e unha Rosalía de Castro por descubrir. Recomendamos cinco lecturas infantís e xuvenís para que cada lectora e lector atope a súa próxima historia. Para quen non se fía dos vampiros demasiado simpáticos “Operación Morcego”, de Mara Méndez Ester […]

“Os abandonos” inaugura a Biblioteca Riveiro Coello

Editorial Galaxia publica “Os abandonos”, a nova novela de Antón Riveiro Coello, coa que se inaugura a Biblioteca Riveiro Coello. Nesta proposta, Riveiro Coello constrúe unha novela absorbente e dura arredor de Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, cun trastorno narcisista da personalidade e un mundo de ficción no que adoita refuxiarse. Próxima aos […]

Editorial Galaxia presenta os seus catálogos do Plan lector para o curso 2026/2027

Editorial Galaxia publica dous novos catálogos con propostas de lectura para o curso 2026/2027: un dirixido a Infantil e Primaria e outro destinado a Secundaria. Os dous catálogos reúnen unha selección de títulos pensada para facilitar o labor do profesorado, das bibliotecas escolares e das persoas responsables dos clubs de lectura á hora de preparar […]

Dúas obras de Editorial Galaxia, finalistas do XXIV Premio Plácido Castro de Tradución

Os castelos de Athlin e Dunbayne, de Ann Radcliffe, traducida por María Fe González Fernández, e Menos que humano, de Osamu Dazai, traducida por Gabriel Álvarez Martínez, forman parte das catro obras finalistas do XXIV Premio Plácido Castro de Tradución. A presenza destes dous títulos entre as obras seleccionadas supón un recoñecemento ao traballo das […]

Rolda de prensa arredor dos Audiolibros de Editorial Galaxia, en Pontevedra

O martes 16 de xuño, celebrarase, ás 11 h, no Centro de Recursos Educativos da ONCE, en Pontevedra, unha rolda de prensa de presentación arredor dos audiolibros de Editorial Galaxia. No acto participarán José Ángel Abraldes Rodeyro, Director Centro de Recursos Educativos da Once; Julio Lorenzo, director de dobraxe, locutor, actor e formador; Cynthia Menéndez, […]

Xornada conmemorativa do V centenario do nacemento de Luís de Camões, en Vigo

O 15 de xuño celebrarase na sede da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, unha xornada conmemorativa do V centenario do nacemento de Luís de Camões. Os actos, que terán lugar en sesións de mañá e tarde, están organizados pola Fundación Penzol, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e […]