O Corto Maltés, en galego

Quizais lle fixese graza a Hugo Pratt ver publicada en galego a súa obra Unha balada do mar salgado, protagonizada polo inmorrente Corto Maltés. Quizais aproveitase o veneciano nacido en Rimini para dar unha volta por Galicia e intentar descubrir o segredo esotérico da forma das rías, ou o arcano oculto nas espirais dos petroglifos […]

Un ensaio sobre a emigración gaña o Ramón Piñeiro

Convocado por Editorial Galaxia co patrocinio de Unión Fenosa, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006 foi para Psicopatoloxía do retorno, de Alexandre García-Caballero e Ramón Area Carracedo. Na súa VI edición o xurado estivo composto por Benxamín Casal, Susana Reboreda, Ramón Villares, Víctor F. Freixanes e Carlos Lema como secretario do xurado. O xurado […]

Tres exposicións didácticas

Tres mostras didácticas e transportables que percorrerán durante os próximos meses os concellos de As Pontes, Lousame, Cambre, Teo, Camariñas, San Sadurniño, Rois, Padrón, Coirós, Zas, Carnota, etc, toda a provincia da Coruña, nunha iniciativa da Deputación Provincial (departamento de Cultura) que realizou a empresa Merlín Comunicación, do grupo Editorial Galaxia. Na AXENDA da nosa […]

Manuel Veiga gaña o premio García Barros de novela que un ano máis publicará Galaxia

A novela gañadora do premio García Barros 2006 chegará ás librerías da man de Editorial Galaxia. Lois e Helena buscándose nun día de tormenta, título co que Manuel Veiga acadou este galardón e terceiro publicado polo autor monfortino, caracterízase polo coidado estilístico da prosa e por unha trama narrativa que reflicte a despersonalización da sociedade […]

A Fundación Otero Pedrayo entrega o Premio Trasalba 2006 ao grupo Milladoiro

O galardón subliña a traxectoria e o compromiso do grupo como alma sonora de Galicia dende hai xa 28 anos e a súa contribución á difusión da música e a cultura galegas por todo o mundo. Durante o acto literario, ao que asistiron o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, a conselleira de Cultura […]

Presentación do libro "Milladoiro. A Galicia de Maeloc" na Feira do Libro de Vigo

Víctor F. Freixanes, Presidente da Fundación Otero Pedrayo, foi o encargado de introducir ao numeroso público nas razóns que levaron a premiar a este grupo, o mellor embaixador de Galicia por todo o mundo. Marcos Pérez Pena, autor da introducción e entrevista deste volume, subliñou o papel tan relevante que Milladoiro está a adquirir entre […]

Editorial Galaxia presentou "Ollos de auga" de Domingo Villar na Feira do Libro de Vigo

Carlos Lema, Víctor F. Freixanes e Alfonso Zulueta de Haz acompañaron ao autor neste acto multitudinario. Todos eles salientaron a importancia que ten para a literatura galega contar con autores noveles e o éxito que supón, neste caso, estrenarse cunha novela policíaca tan completa e chea de humor. Logo da presentación o autor asinou numerosos […]