Carlos Lema, Víctor F. Freixanes e Alfonso Zulueta de Haz acompañaron ao autor neste acto multitudinario. Todos eles salientaron a importancia que ten para a literatura galega contar con autores noveles e o éxito que supón, neste caso, estrenarse cunha novela policíaca tan completa e chea de humor.
Logo da presentación o autor asinou numerosos exemplares do seu libro. A xente agardou pacientemente a cola e veuse recompensada co cariño e as palabras de Domingo Villar.
Como remate da xornada, e facendo unha homenaxe a Leo Caldas, desplazámonos ao bar Grial onde tomamos un viño á saúde da novela e do autor.