Lei do libro para Galicia
Era unha lei esperada, e moi demandada polo sector, que traballou moi activamente nela. Durante meses, xa no anterior goberno da Xunta, representantes de todos os sectores da creación, a edición, a distribución, a comercialización, etc., ademais de estudosos do libro e representantes de colectivos profesionais, elaboraron un espazo de consenso a partir do cal […]
Conclusións do III Simposio da Edición
Especialistas, técnicos e estudosos da lectura pública participaron nas mesas redondas e nos debates, cunha importante afluencia de xente. A conclusión principal foi que a lectura pública é unha necesidade urxente, cuestión fundamental para homologar a realidade galega (e española) ás medias dos países desenvolvidos de Europa. A continuación a relación completa das conclusións deste […]
O VI Premio de Ensaio Ramón Piñeiro dobra a súa dotación
Un xurado constituido por persoas cualificadas do mundo da cultura, a comunicación e o pensamento elixirá no mes de decembro o VI Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, que convoca a Editorial Galaxia en colaboración con Unión Fenosa. Na presentación de O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo, de Rebeca Baceiredo, que tivo lugar […]
María Mariño en Galaxia
A obra literaria de María Mariño vese especialmente marcada pola súa traxectoria biográfica e as súas vivencias. A intensa maneira de sentir o paso do tempo e a paisaxe das serras do Courel, coas que conviviu durante anos, transformándose nos principais eixes dunha obra poética coa que a escritora consegue transmitir o gran desacougo vital […]
Falar de Deus, falar dos homes
Carlos Fernández, membro do Consello de Redacción de GRIAL e coordinador deste número, presentou o tema e os colaboradores. "Non se trata de discutir a existencia ou non existencia de Deus", explicou, "cuestión que pertence ao territorio do privado, senón de reflexionar sobre a figura do Deus Único, o Deus das tres relixións do libro […]
Homenaxe a Antía Cal
Presentáronse as memorias de Antía Cal, recentemente publicadas en Galaxia co título de Este camiño que fixemos xuntos. A protagonista deste libro, e desta homenaxe, é unha muller que dedicou os seus esforzos á educación a ao ensino. Antía Cal Vázquez foi unha das introdutoras en Galicia das novas tendencias pedagóxicas durante a dictadura franquista. […]
Tres exposicións didácticas
Tres mostras didácticas e transportables que percorrerán durante os próximos meses os concellos de As Pontes, Lousame, Cambre, Teo, Camariñas, San Sadurniño, Rois, Padrón, Coirós, Zas, Carnota, etc, toda a provincia da Coruña, nunha iniciativa da Deputación Provincial (departamento de Cultura) que realizou a empresa Merlín Comunicación, do grupo Editorial Galaxia. Na AXENDA da nosa […]
Un ensaio sobre a emigración gaña o Ramón Piñeiro
Convocado por Editorial Galaxia co patrocinio de Unión Fenosa, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006 foi para Psicopatoloxía do retorno, de Alexandre García-Caballero e Ramón Area Carracedo. Na súa VI edición o xurado estivo composto por Benxamín Casal, Susana Reboreda, Ramón Villares, Víctor F. Freixanes e Carlos Lema como secretario do xurado. O xurado […]