Carlos Fernández, membro do Consello de Redacción de GRIAL e coordinador deste número, presentou o tema e os colaboradores. "Non se trata de discutir a existencia ou non existencia de Deus", explicou, "cuestión que pertence ao territorio do privado, senón de reflexionar sobre a figura do Deus Único, o Deus das tres relixións do libro (xudeos, cristiáns e musulmanos) na construción dos modelos sociais, nas expectativas e nos conflitos dos seres humanos".

"Hai quen pensa", engadiu, "que a ciencia moderna, tal como a concebimos e se desenvolveu en Occidente, sería impensable sen a idea da Causa Primeira, por exemplo. ¿Por qué os chineses non deron desenvolvido un pensamento científico articulado nun todo e os occidentais si? Hai quen considera que o desenvolvemento moderno do capitalismo, por poñer outro caso, é inseparable de certa idea de Deus e a súa relación cos homes. Max Waber estudou o desenvolvemento das sociedades modernas despois da Reforma protestante… Con este espírito abordamos unha cuestión que está moito máis candente do que imaxinamos e da que poucas veces se fala nas revistas de cultura".

Presentaron o acto o profesor García Iglesias, en nome da Fundación Caixa Galicia, Víctor F. Freixanes, codirector de GRIAL xunto con Henrique Monteagudo, e Carlos Fernández, coordinador do número. Ademais dos citados, participaron Antón Baamonde, Xosé Luis Barreiro Rivas e Andrés Torres Queiruga en representación dos colaboradores. O lector pode visitar con máis detalle os contidos e as características do número 172 de GRIAL nesta mesma Web.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR