O Corto Maltés, en galego
Quizais lle fixese graza a Hugo Pratt ver publicada en galego a súa obra Unha balada do mar salgado, protagonizada polo inmorrente Corto Maltés. Quizais aproveitase o veneciano nacido en Rimini para dar unha volta por Galicia e intentar descubrir o segredo esotérico da forma das rías, ou o arcano oculto nas espirais dos petroglifos […]
Xa está na rúa a nova novela de Paul Auster
Un home, vello e só, está sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Non ten lembranzas. Tampouco sabe se pode saír ou non. Arredor hai apenas uns poucos obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro montóns de folios e unha serie de etiquetas con algunha […]
Luz nos ollos
A luz que esta nena do estado de Kartnataka, na Unión India, ten nos ollos capturouna na súa cámara a fotógrafa galega Laura Lizancos. Editorial Galaxia prepara un libro de fotografías desta artista, centradas todas "no mundo dos outros mundos", onde tamén existe a beleza e alampea, malia todo, un lume de esperanza. Queremos compartir […]
Unha historia na cidade de Oliveira
Coa presencia das primeiras autoridades entregouse na vila da Estrada (Pontevedra) o Premio que leva o nome de Manuel García Barros, que na súa XVIII edición correspondeu ao xornalista e novelista Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960) pola obra Lois e Helena buscándose un día de tormenta. O premio García Barros converteuse, ao longo destes […]
Galaxia publicará a novela finalista do premio Torrente Ballester
O finalista do premio Torrente Ballester foi escollido por maioría entre os membros do xurado, que destacaron "a súa recreación do ambiente teatral galego nun texto cheo de destreza literaria, con múltiples homenaxes á literatura universal". 32 dentes conta a historia dun autor teatral que de socato se converte en neno e debe seguir coa […]
Unha faciana pouco coñecida de Vicente Risco (debuxante)
Carlos Lema é o responsable da edición. Carlos L. Bernárdez e David Cortón aportan documentados ensaios que enmarcan e contextualizan a obra. Inclúese, asemade, un traballo do propio Vicente Risco, datado en 1917-1918 e publicado por entregas na revista La Centuria, onde o autor reflexiona sobre o que el denomina "a estética futura". Por primeira […]
MOSTRA FOTOGRÁFICA DE BLANCO AMOR EN OURENSE
O primeiro de decembro de 1979 falecía nun hotel de Vigo o escritor Eduardo Blanco Amor. Infarto de miocardio. Ingresou prácticamente cadáver no sanatorio do doctor Toscazo. Trasladado á súa cidade natal, Ourense, está soterrado no cimiterio de San Francisco. Tiña daquela 81 anos. No Liceo Recreativo da cidade de Ourense pódese admirar estes días […]
Erros na "Panorámica de la Edición Española, 2005"
Un deles refírese á produción da Editorial Galaxia. Segundo a "Panorámica de la Edición Española", esta editora publicou 66 novidades editoriais (rexistros de ISBN) no ano 2005. Os nosos datos de edición, cos seus correspondentes novos rexistros de ISBN, suman nese mesmo periodo 93 títulos (sen contar reimpresións), aos que cómpre engadir as 5 entregas […]