Falar de Deus, falar dos homes

Carlos Fernández, membro do Consello de Redacción de GRIAL e coordinador deste número, presentou o tema e os colaboradores. "Non se trata de discutir a existencia ou non existencia de Deus", explicou, "cuestión que pertence ao territorio do privado, senón de reflexionar sobre a figura do Deus Único, o Deus das tres relixións do libro […]
María Mariño en Galaxia

A obra literaria de María Mariño vese especialmente marcada pola súa traxectoria biográfica e as súas vivencias. A intensa maneira de sentir o paso do tempo e a paisaxe das serras do Courel, coas que conviviu durante anos, transformándose nos principais eixes dunha obra poética coa que a escritora consegue transmitir o gran desacougo vital […]
Galaxia publicará a novela finalista do premio Torrente Ballester

O finalista do premio Torrente Ballester foi escollido por maioría entre os membros do xurado, que destacaron "a súa recreación do ambiente teatral galego nun texto cheo de destreza literaria, con múltiples homenaxes á literatura universal". 32 dentes conta a historia dun autor teatral que de socato se converte en neno e debe seguir coa […]
Unha historia na cidade de Oliveira

Coa presencia das primeiras autoridades entregouse na vila da Estrada (Pontevedra) o Premio que leva o nome de Manuel García Barros, que na súa XVIII edición correspondeu ao xornalista e novelista Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960) pola obra Lois e Helena buscándose un día de tormenta. O premio García Barros converteuse, ao longo destes […]
Luz nos ollos

A luz que esta nena do estado de Kartnataka, na Unión India, ten nos ollos capturouna na súa cámara a fotógrafa galega Laura Lizancos. Editorial Galaxia prepara un libro de fotografías desta artista, centradas todas "no mundo dos outros mundos", onde tamén existe a beleza e alampea, malia todo, un lume de esperanza. Queremos compartir […]
Xa está na rúa a nova novela de Paul Auster

Un home, vello e só, está sentado nun cuarto no que hai unha ventá e unha porta, unha cama, un escritorio e unha cadeira. Non ten lembranzas. Tampouco sabe se pode saír ou non. Arredor hai apenas uns poucos obxectos: unhas fotos vagamente familiares, catro montóns de folios e unha serie de etiquetas con algunha […]
O Corto Maltés, en galego

Quizais lle fixese graza a Hugo Pratt ver publicada en galego a súa obra Unha balada do mar salgado, protagonizada polo inmorrente Corto Maltés. Quizais aproveitase o veneciano nacido en Rimini para dar unha volta por Galicia e intentar descubrir o segredo esotérico da forma das rías, ou o arcano oculto nas espirais dos petroglifos […]
Un ensaio sobre a emigración gaña o Ramón Piñeiro

Convocado por Editorial Galaxia co patrocinio de Unión Fenosa, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2006 foi para Psicopatoloxía do retorno, de Alexandre García-Caballero e Ramón Area Carracedo. Na súa VI edición o xurado estivo composto por Benxamín Casal, Susana Reboreda, Ramón Villares, Víctor F. Freixanes e Carlos Lema como secretario do xurado. O xurado […]